Skip to main content
  • Slider21
  • Slider13
  • Slider31

Actas de premiados nos concursos - 2026

Coa celebración da XIX Feira Matemática 2026 o 14 de marzo, os nosos concursos chegaron ao seu fin.

Pincha sobre cada unha das ligazóns para acceder á acta do concurso coas persoas premiadas de cada unha das categorías:

- XVIII Concurso Fotografía Matemática 2026

- XI Concurso Esopías 2026

- XV  Certame de Matmonólogos 2026

Parabéns aos e ás premiados/as e moitas grazas pola vosa participación. Vémonos na seguinte edición da Feira Matemática, a vixésima, e preparádevos para os concursos matemáticos de AGAPEMA.

XIX Feira Matemática - 2026

logo feira 2026

O sábado 14 de marzo en PALEXCO, na Coruña.

                                                                                            
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "Pensamento computacional e intelixencia artificial", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.

A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor/a, cada grupo de alumnado pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XIX FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 14 de marzo, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Máis información: https://agapema.org/actividades/feira-matematica/