Bases do concurso

ejemplos esopias

logo esopia1

 

A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o V Concurso de Esopías que se rexerá polas seguintes:

BASES

1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.

2. Os participantes presentarán unha esopía inédita, en castelán ou galego, segundo a guía que se acompaña nesta convocatoria, e tendo en conta a definición desta: Esopía é un relato, comentario ou poema, cun máximo de 140 carácteres (tweet), onde cada palabra leva un número de letras igual ás sucesivas cifras do número π.

A esopía terá un mínimo de cinco palabras.

3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:

Alumnos de Primaria e primeiro ciclo da ESO.
Alumnos de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
Adultos, maiores de 18 anos

4. A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial á obra máis votada na web polos usuarios (cada persoa soamente pode votar a unha obra en cada un dos concursos).

Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 esopías, pero só terán opción a un premio.

Os premios poderán ser declarados desertos.

6. O prazo de entrega remata o 31 de marzo de 2018. A votación das obras na web pecharase o día 4 de abril de 2018.

7. As esopías deberán enviarse utilizando o formulario desta web (preme AQUÍ) e ir acompañadas de todos os datos que se solicitan. Deberase encher un formulario por cada obra presentada ao concurso.

8. O xurado será designado por AGAPEMA.

9. A data de entrega dos premios será o 7 de abril de 2018, durante a celebración da XII Feira Matemática 2018 (PALEXCO). O resultado do concurso será publicado na páxina web da Feira Matemática e tamén nesta web.

10. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, das esopías premiadas, así como dos dereitos de publicación nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.

11. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

OlimpiadaGalega.jpg   Rebumbio_Cartel_2018_p.jpg    http://www.agapema.org/sites/default/files/Matem%C3%A1ticas%20na%20raia-1.jpg