Bases do concurso
A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o XVII Concurso de Fotografía Matemática que se rexerá polas seguintes:
BASES
1. Tema das fotografías: As Matemáticas. Suxírese en particular o tema das "A maxia das Matemáticas", xa que é o lema do Día Escolar das Matemáticas para o ano 2025.
2. Formatos: Tamaño de impresión mínimo 15 cm x 20 cm, máximo 20 cm x 30 cm e peso máximo das fotografías dixitais, 1,5 Mb.
3. A fotografía debe levar un título que a relacione co seu contido matemático. O título tentará ser orixinal e atractivo e será tamén avaliado polo xurado.
4. As fotografías deben ser orixinais, non se admitirán imaxes de montaxes, nin de manipulación dixital. Deberá acreditarse a propiedade intelectual das imaxes presentadas.
5. Cada fotografía matemática deberá ir acompañada dun texto descritivo/explicativo sobre a vinculación da imaxe co mundo matemático, cunha extensión máxima de 100 palabras.
6. Poderán participar estudantes de colexios e institutos, públicos ou privados. Cada un/ha poderá presentar un máximo de 3 fotografías. Tamén poderá concursar nun apartado propio calquera adulto/a, profesor/a ou non, interesado/a na fotografía matemática.
7. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/ha gañador/a por categoría:
- Alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º curso da ESO.
- Alumnado de 3º e 4º curso da ESO e Bacharelato.
- Adultos/as, maiores de 18 anos.
Os premios poderán ser declarados desertos.
8. A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial á obra máis votada na web polos usuarios (cada persoa soamente pode votar a unha obra en cada un dos concursos).
Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.
9. A recepción de fotografías será ata o día 7 de marzo de 2025. O xurado fará unha preselección das obras que logo poderán ser votadas na web. O 12 de marzo as fotos preseleccionadas serán expostas na web e poderán ser votadas do 12 ao 19 de marzo, día no que se pechará a votación ás 23:59 horas.
10. As fotografías remitiranse utilizando o formulario específico desta web (preme AQUÍ) e deberán achegar todos os datos solicitados, así como adxuntar a fotografía participante. Deberase encher un formulario por cada obra presentada ao concurso.
11. O resultado do concurso fallarase o 22 de marzo de 2025, na XVIII Feira Matemática, e será publicado na páxina web da Feira Matemática e tamén nesta web.
12. Os premios serán entregados durante a celebración da XVIII Feira Matemática 2025. Unha selección de fotografías poderán estar expostas durante a celebración desta Feira.
13. O Xurado será designado por AGAPEMA.
14. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, das fotografías premiadas, así como dos dereitos de publicación nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.
15. A participación no Concurso implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.