Skip to main content
  • Slider21
  • Slider13
  • Slider31

Apertura das votacións

Tal como se di nas bases, o xurado vén de facer unha preselección das obras presentadas, eliminando as que se considera que non cumprían as normas para ser votadas.

Ás 24 h do día de hoxe abrirase o prazo para a votación ata ás 24 h do día 19 de marzo.

XVIII Feira Matemática - 2025

logo feira 2025

O sábado 22 de marzo en PALEXCO, na Coruña.

                                                                                            
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "A maxia das Matemáticas", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.

A celebración, dedicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor/a, cada grupo de alumnado pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XVIII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 22 de marzo, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 20 h.

Máis información: https://agapema.org/2024/12/24/xviii-feira-matematica/