camiño de líneas cara o mar
- Competición: Fotografía - Alumnado de 3º e 4º curso ESO e Bacharelato
-
Descripción da fotografía:
Fecha: 25 de noviembre de 2024.
Lugar: Thira, Santorini, Grecia.
Nesta imaxe pódense ver moitas figuras xeométricas que se combinan
para crear un espazo moi ordenado e tranquilo.
Entre as dúas paredes paralelas, como primeiro plano, podemos ver unas
escaleiras con formas rectangulares que baixan de maneira regular, con
diferentes tamaños e diferentes distancias.
A esquerda da imaxe obsérvase unha parede branca cunha ventá que ten
ángulos rectos. Nesa parte tamén hai un pequeño tellado con líneas rectas
e paralelas formando rectángulos e cadrados que axudan a reforzar esa
sensación de orde. Tamén hai un arco redondeado, unha figura circular
que rompe coa rectitude do resto e que fai que a composición sexa máis
interesante e variada.
Máis ao fondo, entre as dúas paredes, vese o mar azul, o ceo e as
montañas, que contrastan co branco das construcións e fan destacar as
formas xeométricas.
Desde o punto de vista matemático, nesta fotografía pódense aplicar
varios conceptos. En primeiro lugar a xeometría plana, porque hai moitas
figuras bidimensionais, como rectángulos, triángulos e círculos, que se
poden analizar en canto a os seus lados e ángulos. Tamén se aprecia a
simetría: as escaleiras, as liñas das paredes da esquerda que manteñen a
mesma dirección e altura, o que dá unha sensación de equilibrio visual.
Outro concepto importante é a proporcionalidade, xa que todas as partes
da imaxe parecen estar ben medidas: os chanzos teñen o mesmo tamaño,
as paredes están ben alineadas e as ventas gardan unha relación de
tamaño axeitada co resto da estructura. Finalmente, podemos falar da
perspectiva, porque as liñas das paredes parecen xuntarse no fondo, o
que dá profundidade e fai que o ollo se dirixa cara o mar.
A isla de Santorini está nun acantilado, a maioria das rúas son costa abaixo
cara o mar. Todas teñen moita similitude entre elas porque os edificios
son moi semellantes. - Declaro que son o autor/a:: Declaro que son o autor/autora:
- Nome e apelidos: Sara Iglesias garrote
Creado por NorrCompetition