Concatedral en la Plaza de la Iglesia.
- Competición: Fotografía - Alumnado de 3º e 4º curso ESO e Bacharelato
-
Descripción da fotografía:
A Concatedral de Vigo é un claro exemplo de fotografía matemática, xa que se ven moitas formas xeométricas e simetrías.
En canto ás formas xeométricas, vemos os campanarios en forma de prismas rectangulares, un círculo na decoración luminosa da dereita, outro círculo no reloxo da torre e un semicírculo no arco sobre a porta principal. O frontis superior forma un triángulo isósceles perfecto que coroa o edificio.
A fachada é simétrica, dividida por un eixe central que separa as dúas torres, que tamén son simétricas entre si, cunha a cada lado do corpo principal.
Ademais, pódense ver rectángulos simétricos do mesmo tamaño no chan, que forman unha cuadrícula regular sobre a que se sitúa toda a estrutura. - Declaro que son o autor/a:: Declaro que son o autor/autora:
- Nome e apelidos: Sabela Pino Figueras
Creado por NorrCompetition