Skip to main content

Título: ¿Onde está a "x"? (E por que non a deixamos en paz)

  • Competición: Matmonólogo - Alumnado de 3º e 4º curso da ESO e Bacharelato
  • Matmonólogo: Bos días a todos. Hoxe vén a min unha confesión: teño unha fobia. Non é a arañas, nin a alturas... é a letra "x".

    Falando en serio, a "x" ten un problema de actitude. Na clase de lingua é fantástica: aparece en palabras como "xilófono", "xeografía" ou "xantar". Todo vai ben ata que cruzas a porta da aula de Matemáticas. Alí, a "x" convértese nunha fuxitiva.

    O profesor entra e di: "Hoxe imos despexar a x". E eu penso: "¿Pero a onde foi? ¿Por que escapou?". Pasamos anos da nosa vida buscando a "x". É como o "Wally" dos números, pero con menos gracia e sen xersei de raias.

    s matemáticas son o único lugar do mundo onde alguén pode mercar 60 sandías e ninguén lle pregunta: "Escoita, ¿estás ben? ¿Tes unha frutería ou un problema psicolóxico?". Non, en mates dinche: "Calcula o peso total se cada sandía pesa 3 quilos". Pois o peso total é o dunha hernia discal, obviamente.

    Ao final, as matemáticas son como un ximnasio para o cerebro. Ás veces doe, ás veces non queres ir, e
  • Declaro que son o autor/a:: Declaro que son o autor/autora:
  • Nome e apelidos: brais reboreda martinez