BASES DO CERTAME

A Asociación Galega do Plogo21rofesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o IX Certame de Matmonólogos que se rexerá polas seguintes:

BASES

1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.

2. Os participantes presentarán un guión inédito cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberá presentarse utilizando o formulario que encontrarás nesta web (preme AQUÍ), indicando ademais do texto do Matmonólogo, todos os datos solicitados. Deberase encher un formulario por cada obra presentada ao concurso.

3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un gañador por categoría:

      • Alumnado de Educación Primaria e primeiro ciclo da ESO.
      • Alumnado de segundo ciclo da ESO e bacharelato.
      • Adultos, maiores de 18 anos.

4. A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial á obra máis votada na web polos usuarios (cada persoa soamente pode votar a unha obra en cada un dos concursos).

Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 guións, pero só terán opción a un premio.

6. O prazo de entrega remata o 31 de marzo de 2018. A votación das obras na web pecharase o día 4 de abril de 2018.

7. Unha vez rematado o prazo, un xurado designado por AGAPEMA, fará unha selección dos guións que serán defendidos en público.

O xurado comunicará a selección dos guións aos autores antes do 5 de abril de 2018, para que podan asistir á Feira Matemática a presentalos públicamente. O resultado do concurso será publicado na páxina web da Feira Matemática (feira.agapema.org) e tamén nesta web.

O xurado pode non seleccionar guión nalgunha das categorías.

A defensa farase, ben polo autor ben por un alumno participante na Feira Matemática, nun acto que se celebrará o 7 de abril de 2018, na XII Feira Matemática (PALEXCO), ante un xurado que se formará para a ocasión.

Os premios poderán ser declarados desertos.

8. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, dos relatos premiados, así como os dereitos de publicación das obras premiadas nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.

9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.

OlimpiadaGalega.jpg   Rebumbio_Cartel_2018_p.jpg    http://www.agapema.org/sites/default/files/Matem%C3%A1ticas%20na%20raia-1.jpg