Skip to main content

Bases do certame

A Asociación Galega do Plogo21rofesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) da zona da Coruña convoca para estudantes e adultos o XIV Certame de Matmonólogos que se rexerá polas seguintes:

BASES

1. Poderá participar calquera persoa dentro das categorías que se sinalan na base terceira.

2. Os participantes presentarán un guión orixinal cunha extensión máxima de mil palabras en lingua galega ou castelá. O tema deberá estar relacionado coas matemáticas. Deberá presentarse utilizando o formulario que encontrarás nesta web (preme AQUÍ), indicando ademais do texto do Matmonólogo, todos os datos solicitados. Deberase encher un formulario por cada obra presentada ao concurso.

3. Establécense tres categorías nas que o xurado designará un/ha gañador/a por categoría:

  • Alumnado de Educación Primaria e 1º e 2º curso da ESO.
  • Alumnado de 3º e 4º curso da ESO e Bacharelato.
  • Adultos/as, maiores de 18 anos.

4. A maiores das categorías anteriores, outorgarase un premio especial á obra máis votada na web polos usuarios (cada persoa soamente pode votar a unha obra en cada un dos concursos).

    Os premios consistirán en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

5. Os participantes poderán presentar ata un máximo de 3 guións, pero só terán opción a un premio.

6. O prazo de entrega remata o 7 de marzo de 2025. O xurado fará unha preselección das obras que logo poderán ser votadas na web. O 12 de marzo os matmonólgos preseleccionadas serán expostos na web e poderán ser votados do 12 ao 19 de marzo, día no que se pechará a votación ás 23:59 horas.

7. Unha vez rematado o prazo de entrega, un xurado designado por AGAPEMA, fará unha selección dos guións que serán defendidos en público.

   O xurado comunicará a selección dos guións ás persoas autoras antes do 19 de marzo de 2025, para que podan asistir á Feira Matemática a presentalos públicamente. O resultado do concurso será publicado na páxina web da Feira Matemática e tamén nesta web.

   O xurado pode non seleccionar guión nalgunha das categorías.

  A defensa farase, ben pola persoa autora ben por un/ha alumno/a participante na Feira Matemática, nun acto que se celebrará o 22 de marzo de 2025, na XVIII Feira Matemática (PALEXCO), ante un xurado que se formará para a ocasión.

  Os premios poderán ser declarados desertos.

8. AGAPEMA resérvase a propiedade, durante dous anos, dos relatos premiados, así como os dereitos de publicación das obras premiadas nos medios que considere oportunos. Neste senso o autor renuncia, durante este período de tempo aos seus dereitos de autor.

9. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado que será inapelable.