• Slider21
  • Slider13
  • Slider31

mateblog2018

logo21

logo3

logo411

XII Feira Matemática - 2018

feira2018
Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "Matemáticas electorais", o que vos pode dar unha idea para a preparación de actividades ou material.

 

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 7 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, teredes que entrar no MATEBLOG, que abrirase en poucos días. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no concurso do ano pasado)

Queremos contar coa vosa participación para ir enchendo isto, que quere ser un espazo de comunicación con todos vós. Animádevos e non esquezades que contamos con todos, cos vosos traballos e colaboracións para poder levar adiante esta actividade que consideramos ambiciosa dabondo pero que paga a pena.

Se queres participar enchendo un posto cos teus estudantes e aportando actividades, inscríbete neste formulario.

Por todo isto, dende xa, esperamos as vosas aportacións para que a Feira sexa unha realidade.

Conforme avancemos no tempo, iremos colocando nesta web as novas que teñamos e as informacións que vos poidan ser de utilidade, tanto para participar como 'visitantes' ou como 'comerciantes'.

Quedades, polo tanto, convidados todas e todos a participar o 7 de abril de 2018, na

XII Feira Matemática 
en Palexco

Comisión organizadora:

Isabel Miguélez Pose
Marisol Pérez Blanco
Carmen Peñamaría Ramón
Sandra Sambade Nieto (IES de Pastoriza, Arteixo)
Mª Cristina Naya Riveiro (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)
Francisco Álvarez Fontenla
Óscar Dominguez Perez (CFR de A Coruña)
Santiago López Arca
Enrique de la Torre Fernández (Fac.Ciencias da Educación. Univ. da Coruña)

Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

OlimpiadaGalega.jpg   Rebumbio_Cartel_2018_p.jpg    http://www.agapema.org/sites/default/files/Matem%C3%A1ticas%20na%20raia-1.jpg